Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.336

I.10. LDH. I.11. M-TP.

VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de reactivos para probas inmunohematolóxicas, grupo hemático e grupo sérico (C.P. 111/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

-Obxecto: subministración de reactivos para probas inmunohematolóxicas en banco de sangue: grupo hemático, grupo sérico.

-Orzamento: 22.500.000 ptas.

-Garantía provisional: 450.000 ptas.

-Lote 1: grupo hemático.

I.1. Tarxetas ABO-RH.

I.4. Tarxetas Fenotipos RH.

I.5. Tarxetas CD-SCREENING.

I.8. Outros grupos.

I.6. Diluentes e solucións.

-Orzamento: 7.950.000 ptas.

-Garantía provisional: 159.000 ptas.

-Lote 2: grupo sérico.

I.2. Tarxetas Liss Coombs.

I.3. Tarxeta ENZ CLNa.

I.6. Diluentes e solucións.

I.7. Hemacías.

-Orzamento: 14.550.000 ptas.

-Garantía provisional: 291.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega farase ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 50%.

2. Calidade dos materiais:

-Funxible: 25%.

-Prestacións funcionais: 20%.

-Asistencia posvenda: 5%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar na man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de marzo de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

b) DA ADMINISTRACIÓN

LOCAL

2652