Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1 DP/1997, polo procedemento de urxencia, para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e da autorización do director xeral de Recursos Económicos con data do 25-2-1997, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1.-Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, 4º andar, teléfono: (981) 18 56 00; fax: (981) 18 56 78.

2.-Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.-a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que indique a adxudicación (ver anexo I, prego de prescricións técnicas).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: material de incontinencia urinaria (ver anexo I).

Orzamento total: setenta e cinco millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (75.650.000 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes ou sobre cada un deles.

4.-Prazo de entrega eventualmente imposto: os prazos de entrega en cada un dos centros poderán variar entre os 7, 15 e 30 días, en función da capacidade de almacenamento de cada centro e igualmente se lle comunicará ó adxudicatario no seu momento (ver anexo I).

5.-a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 30-4-1997.

6.-a) Data límite de recepción das ofertas: 8-5-1997.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.-a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1. 10-5-1997.

8.-Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles fosen adxudicados.

9.-Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento realizarse mediante transferencia bancaria á conta destinada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10.-Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores.

11.-Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12.-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.

13.-Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas, anexo I.

14.-Outras informacións: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

15.-Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 17-3-1997.

16.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá pola conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de marzo de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

2622