Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta do I congreso e estatutos da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nela, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta do primeiro congreso e os estatutos da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Funcional: a dita organización sindical, integrada por traballadores/as galegos/as da industria siderometalúrxica, en tódalas súas ramas de fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construcción e reparación naval, siderurxia, metalgráfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos e manufacturados metalúrxicos.

Asinan a acta do I congreso, no que se acorda a constitución da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega: Manoel García Cedrón e Xurxo Cordero Novo, como secretarios; Alfredo Bocija Serantes e Antolín Alcántara Álvarez, como vocais; e Manoel Domínguez Pereira como presidente da mesa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2496