Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Porteña de Empresarios y Comerciantes de Ponte do Porto (APEC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 6 de marzo de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación Porteña de Empresarios y Comerciantes de Ponte do Porto (APEC) que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresarios e comerciantes.

Asinan a acta de constitución: José Manuel González Carril e catro persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoal interesada.

A Coruña, 7 de marzo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2497