Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Hostelería Nocturna de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 13 horas do día 28 de febreiro de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Hostelería

Nocturna de Compostela, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: industriais de hostelería.

Asinan a acta de constitución: Ana Cruces Artero e oito persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 3 de marzo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2595