Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 20 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 1.I.Nº4/96 por infracción en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo

coñecido indicados, a resolución do expediente sancionador 1.I.Nº4/96 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaia, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 20 de marzo de 1997.

Juan Jesús Gestal Otero

Diector xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: 1.I.Nº4/96

Denunciado: Panadería Pastelería Nieto. Avelino Nieto.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Tomás Paredes nº64. Vigo.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto:

Infrinxido: Art. 35 B) 5º da L. 14/1986, xeral de sanidade.

Sancionador: Lei 14/1986, xeral de sanidade. Apart. 5.1 R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 600.000 ptas.

2495