Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a asistencia técnica do programa Arte nas túas Mans, destinado a persoas maiores e minusválidos.

-Obxecto: fomento da creatividade e terapia grupal, dirixido a persoas maiores e minusválidos, a través da iniciación ás artes plásticas, e contando con actividades de animación socio cultural e relaxación.

-Orzamento de licitación: 3.750.000 pts. (IVE incluído).

-Prazo de execución: durante o período comprendido entre os meses de abril a decembro de 1997.

-Garantía provisional: 75.000 pts.

-Clasificación requirida: non se esixe.

-Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratacion, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 11 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas. As empresas que desexen facer vale-la súa inscrición no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán indicalo en documento a parte, grampado exteriormente ó sobre da documentación persoal.

-Variantes: non se admiten.

-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

P.D. (Orde 22-5-96)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

2414