Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 1 e 13.1º e 3º dos estatutos da Asociación Galega de Empresarios de Ambulancias.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 17 de marzo de 1997, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Salgado Cid, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o día 7 de marzo de 1997, consistente na modificación dos artigos 1 e 13.1º e 3º dos estatutos, referente ó cambio de domicilio, composición e duración do mandato do consello directivo.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Juan pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2633