Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a do 17 de xaneiro recaída no expediente sancionador ICA-LU-004/96-P, por infracción na calidade agroalimentaria en materia de pensos, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, notíficase a Piensos Tino, S.L., de acordo co que figura no anexo que segue, a resolución adoptada polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, do 17 de xaneiro de 1997, no expediente sancionador ICA-LU-004/96-P, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificación de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectiva por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia número 2091-0152-20-3110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non é firme en vía administrativa, polo cal Piensos Tino S.L. poderá interpoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de acordo co disposto no artio 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: ICA-LU-004/96-P.

Empresa denunciada: Piensos Tino, S.L.

CIF: B-27.117.308

Enderezo: San Mamede de Lousada-Guntín de Pallares.

Infraccións cometidas: defecto na calidade entre o contido garantido nas etiquetas e o detectado nas análises desviándose das tolerancias establecidas na normativa tanto no referente para proteína bruta como para o amidón.

Precepto infrinxido: artigo 2.2. do R.D. 418/87, do 20 de febreiro en relación co artigo 3º da orde ministerial do 8 de outubro de 1992.

Preceptos sancionadores: artigo 7.1. en relación co artigo 10.2 do Real decreto 1945/83, tipificándose a conducta no artigo 4.3.2 deste real decreto.

Sanción: multa de 300.000 pesetas, resultante de sancionar cada unha das infraccións cometidas con multa de 150.000 ptas.

2620