Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución do expediente sancionador I-60/1996 e catro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 12 de marzo de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-60/1996.

Denunciado: Empresa La Plana del Montseney, S.A.

Último enderezo coñecido: Crtra. del Ginars, km 4. 08301. St. Pere de Vilamajor.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da L.I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: I-362/1996.1.

Denunciado: Rafael Iglesias González.

Último enderezo coñecido: r/ Lalín, 19-10 C. 36209 Vigo.

Feito denunciado: facer lume en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 a) do regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da L.I.F.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: I-364/1996.

Denunciado: Melchor González da Silva.

Último enderezo coñecido: R/ Romil, 12-3º B. 36202 Vigo.

Feito denunciado: queima en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 a) do regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da L.I.F.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: I-390/1996.

Denunciado: Mn. del Mar Lareo Fervenza.

Último enderezo coñecido: r/ Meira, s/n. 36955 Moaña.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da L.I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: I-395/1996.

Denunciado: J. Augusto Pires Lorenzo.

Último enderezo coñecido: r/ Lameiras, 6. 36887 Parada de Achas.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da L.I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

2446