Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Quinteiro-Bora.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 671 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 6 da L.M.T. Ponte Bora-Almofrei rematando no C.T. que se proxecta en Quinteiro-Bora, concello de Pontevedra. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2471