Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/392-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e centro de seccionamento A Granxa.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón. L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 10.005 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., no polígono industrial A Granxa, concello do Porriño. Sete centros de transformación de 250 kVA cada un, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Centro de seccionamento en edificio con celas tipo CML-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2426