Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/107-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ovhoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S.-C.T.C., Espírito Santo-San Roque.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña denominada Muros-Espíritu Santo (expediente 51423) e final no apoio da liña Muros 5 (expediente 9776) con entrada e saída ó C.T. que se vai instalar denominado Campo de Cortes.

Centro de transformación en caseta de formion prefabricado, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220

kV equipado con celas de protección de liñas e cela de protección de trafo en SF6. Muros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2418