Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lanzada-Monte.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 345 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., e 365 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 13 existente da L.M.T. Vilalonga-A Toxa ata o C.T. que se proxecta en Lanzada-Monte, concello de Sanxenxo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V. R.B.T., de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2420