Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/278-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Areal-San Martiño.

Situación: Meis.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. Tibo-Sisán, rematando no C.T. que se proxecta en Areal-San Martiño, concello de Meis. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 249 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2427