Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/389-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas Estr. PO-244 tramo Arcade-Ponte-Caldelas.

Situación: Soutomaior.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 143 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, na variante Regoxo-Val, desde o apoio 34 da actual liña ata o n.36 da mesma liña, variante L.M.T. ó C.T. Romariz II, desde o apoio n.2 da actual liña ata o n.4 da mesma liña, concello de Soutomaior. R.B.T., aérea, de 825 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade

establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2421