Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 20 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convoca concurso de premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Advertido erro na citada resolución publicada no DOG nº 45, do 6 de marzo de 1997, cómpre efectua-la seguinte corrección:

-Na páxina 2.014, base segunda, onde di: «Un premio para o mellor cartel ou debuxo realizados por alumnos ou alumnas do 11/4 e 21/4 ciclo de educación primaria...», debe dicir: «Un premio para o mellor cartel ou debuxo realizados por alumnos ou alumnas do 1º e 2º ciclo de educación primaria...». A mesma base segunda, onde di: «Un premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos e alumnas do 31/4 ciclo de educación primaria...», debe dicir: «Un premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos e alumnas do 3º ciclo de educación primaria...».

2551