Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para o desenvolvemento do cluster do granito en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 10/1997.

Obxecto do contrato: realización de tódalas actividades necesarias para o desenvolvemento do cluster do granito en Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: será o comprendido entre o día seguinte ó do asinamento do contrato ata o 30 de novembro de 1998.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: catorce millóns de pesetas (14.000.000 de pesetas).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (280.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 55 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en día e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: subgrupo 3 do grupo I, categoría A.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación para presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

P.D. (O. 18-5-1995, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

2591