Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usuarios domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais da Padrón e Pontecesures.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con enderoso na rúa A Rosa, número 16, 3º B, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas natural, nos termos municipais de Padrón e Pontecesures, nas provincias da Coruña e Pontevedra, respectivamente, para a subministración a usuarios domésticos, comerciais e industriais, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, o cal se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: o proxecto das instalacións considérase a partir da rede de distribución de Enagas, S.A., o trazado da cal discorre polos citados concellos.

Desde a rede industrial de Enagas, S.A., con presión máxima de operación de 16 bar, alimentaranse os puntos de entrega de gas natural (PEGN) á rede de Gas Galicia SDG, S.A. nos citados concellos. Nos PEGN realizarase a medición do gas, e tamén se reducirá a súa presión desde o rango AP-16 (16 bar) ata o rango MPB (4 bar).

A rede de distribución primaria, básica, cunha lonxitude de 6.000 m estará deseñada e operará a unha presión máxima de 4 bar, e desde esta, ben directamente, ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias nos termos municipais citados.

A rede de distribución secundaria, cunha lonxitude de 14.496 m, deseñarase e operará en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poboacionais e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

Para alimenta-la rede de distribución secundaria, a explotación coa cal se realice no rango MPA, instalaranse estacións de regulación, MPB/MPA, ó longo do trazado da rede primaria que distribúa o gas á presión máxima de 4 bar.

O caudal máximo que se vai conducir será o necesario para atende-la demanda máxima prevista para os diferentes mercados dos termos municipais obxecto da concesión, considerándose en 1.500 m(n)/h de gas natural.

Área da concesión: os concellos afectados pola solicitude de concesión son Padrón, na provincia da Coruña e Pontecesures, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: douscentos corenta e oito millóns setecentas mil pesetas (248.700.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Direc

ción Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e Pontevedra.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2592