Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de marzo de 1997, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifica o período voluntario de pagamento de sanción, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00491-I-1995).

Por medio desta cédula notifícaselle a Scan Trans España, S.L., co último enderezo coñecido na rúa Curtidores, 11-1º Esqda., Barrio de la Viña, Lorca (Murcia), que en relación co aval de 240.000 pesetas prestado por esta empresa o 13 de novembro de 1995, a favor de FL. Madsen Spentrup APS, pola infracción cometida o día 13-11-1995, co vehículo tractor NB 92479, que arrastraba o semirremolque UX 3398, que deu orixe á acta de inspección número D-0491/95, pola qlue se incoou o expediente san

cionador DX-00491-I-95. Dado que a tramitación do citado expediente concluíu con resolución sancionadora na que se impón sanción de 240.000 pesetas, que deveu en firme.

E tendo en conta que o importe da sanción non foi feito efectivo, concédeselle un prazo de quince (15) días para que ingrese o importe da sanción (240.000 ptas.) na conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, debendo incluí-lo número de expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lle sirva de notificación ó citado denunciado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1997.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

2573