Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 30 de xaneiro de 1997 pola que se convoca o VIII Certame Galego de Teatro Xuventude 97.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística

entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións, a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, as artes líricas e a imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e o Decreto 256/1996, do 20 de xuño, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poidan manifestarse a actividade e inquedanzas artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura e Comunicación Social, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 97.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o VIII Certame Galego de Teatro Xuventude 97, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

As actividades que leve consigo o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

VIII Certame Galego de Teatro Xuventude 97

I. Convocatoria.

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social, convoca o VIII Certame Galego de Teatro-Xuventude 97.

II. Participantes.

Poderán concorrer a este certame tódolos grupos teatrais, non profesionais, compostos por xoves galegos ou residentes en Galicia, que se inclúan dentro dalgunha das categorías da presente convocatoria.

III. Categorias.

Establécense tres categorías:

-Categoria A: para grupos de teatro independentes, compostos por xoves de idade que non exceda dos 30 anos.

-Categoria B: para grupos de teatro que se constitúan nos distintos centros de ensino primario e secundario (EPO, ESO e EXB) e para grupos de teatro que se constitúan en institutos de bacharelato, centros de formación profesional de Galicia e que agrupen a xoves de idades que non superen os 30 anos.

-Categoría C : para grupos de teatro que se constitúan en escolas e facultades universitarias de Galicia e que as súas idades non superen os 30 anos.

A dita idade enténdese cumprida o 31-XII-97, agás dirección e equipo técnico.

IV. Condicións xerais.

1. As obras poderán ser de autores galegos, españois ou extranxeiros.

2. Poderán presentarse textos orixinais.

V. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Así mesmo os participantes deberán envía-lo boletín de inscrición que se indica no anexo III, nun sobre pechado no que figurará exclusivamente o título da obra que se vai representar.

Segundo a categoría presentarán tamén:

-Categoría A:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un video dunha representación da obra que vai concursar ou dun ensaio xeral.

-Categoría B:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, necesidades de decorado,

vestiario, espacio, etc. que precisan) e nomes dos responsables e coordenadores.

-Un video dunha representación da obra que vai concursar ou dun ensaio xeral.

-Categoría C:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un video dunha representación da obra que vai concursar ou dun ensaio xeral.

Os participantes deberán presenta-lo impreso de solicitude, a obra e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados teñan fixada a súa residencia habitual, polo que poderá ser en:

r/ Ronda de Fingoi, s/n - 27002 Lugo.

Avda. de La Habana, 81-baixo 32004 Ourense.

r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña.

r/ Mª Berdiales 20-entresollado 36203 Vigo.

antes do 13 de xuño de 1997.

VI. Desenvolvemento.

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da delegación provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

O xurado seleccionará de entre os participantes aqueles que pola súa calidade considere merecentes de concurreren á fase final.

O xurado poderá seleccionar para a final ata seis grupos en cada unha das categorías.

A final celebrarase na cidade de Lugo no mes de outubro de 1997, coa asistencia dos grupos seleccionados polo xurado nas distintas categorías.

VII. Premios.

Establécense os seguintes premios:

Establécense os seguintes premios:

PremiosCategoría A

1º250.000 ptas.

2º150.000 ptas.

3º100.000 ptas.

4º ó 6º60.000 ptas.

PremiosCategoría B

1º200.000 ptas.

2º100.000 ptas.

3º75.000 ptas.

4º ó 6º50.000 ptas.

PremiosCategoría C

1º250.000 ptas.

2º150.000 ptas.

3º100.000 ptas.

4º ó 6º60.000 ptas.

Para cada unha das categorías (A, B e C) establécese un premio especial de 125.000,- ptas. para a mellor representación feita en galego ; e ó mesmo tempo, con motivo do ano internacional contra o racismo establécese un premio especial de 50.000 ptas. para cada unha das categorías.

Prevese para as tres categorías a concesión de diversas axudas, que oscilan entre as 25.000 e 50.000 ptas. por distintos conceptos, ata un máximo de 800.000 ptas.; así mesmo establécese unha axuda de 30.000 ptas. a cada centro educativo seleccionado dentro da categoría B, para cubrir gastos orixinados pola representación (vestiario, decorados, desprazamentos, etc.); unha axuda de 50.000 ptas. a cada centro educativo seleccionado dentro da categoría C para cubrir gastos ocasionados pola representación (vestiario, decorados, etc.); e unha axuda de 100.000 ptas. ó primeiro grupo clasificado en cada unha das categorías, para unha representación en data e lugar que designará a organización.

As cantidades dos premios serán únicas e indivisibles.

Así mesmo, farase entrega a cada un dos grupos participantes nas distintas categorías, dun diploma que acredite a súa participación neste Certame Galego de Teatro.

Os grupos seleccionados polo xurado nas distintas categorías comprométense, no momento de faceren a inscrición, a representa-las obras polas que foron nomeados e premiados, na cerimonia de entrega de premios que se celebrará na cidade de Lugo no mes de outubro de 1997, se a organización o considerase portuno.

Prevese a concesión dunha axuda de 50.000 ptas. en concepto de gastos de viaxe e xerais ó grupo que represente o día da entrega de premios.

VIII. Xurado.

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Promoción Cultural, por proposta dos respectivos delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura e Comunicación Social de Lugo, e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

O xurado, segundo a calidade das obras, poderá deixar desertos algúns dos premios.

A decisión do xurado será inapelable.

2635