Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 18 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se lle notifica á empresa Funor, S.L. (ambulancias Ntra. Sra. del Pilar) a proposta de resolución dos concertos de transporte sanitario por incumprimento das obrigas contractuais esenciais e outras causas establecidas expresamente nos contratos, devolta polo servicio de correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Por medio desta cédula notifícaselle á empresa cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a proposta de resolución dos concertos en vigor coa empresa Funor, S.L. (ambulancias Ntra. Sra. del Pilar) para transporte sanitario.

Notifícaselle que, de acordo co artigo 65 da Lei de contratos das administracións públicas e do artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os interesados poderán alegar e presenta-los documentos e xustificantes que consideren pertinentes no prazo non inferior a dez días nin superior a quince, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula.

En caso de desexar facer alegacións ou remitir documentación, así como consulta-los expedientes deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Económicos-Subdirección Xeral de Orzamentos, con enderezo en edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º.15704-Santiago de Compostela.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1997.

Antonio Fdez-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

ANEXO

-Concerto de data 2-1-1985 entre a empresa Funor, S.L. (Amb. Ntra. Sra. del Pilar) con enderezo en r/ Ramón Puga, 44. Ourense.

-Zona: Ourense.

-Causa de resolución: artigo 112 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

-Concerto de data 2-1-1985 entre a empresa Funor, S.L. (Amb. Ntra. Sra. del Pilar) con enderezo en r/ Ramón Puga, 44. Ourense.

-Zona: Celanova-Bande.

-Causa de resolución: artigo 112 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

-Concerto de data 24-1-1986 entre a empresa Funor, S.L. (Amb. Ntra. Sra. del Pilar) con enderezo en r/ Ramón Puga, 44. Ourense.

-Zona: Arnoia-Maceda.

-Causa de resolución: artigo 112 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

-Concerto de data 2-1-1985 entre a empresa Funor, S.L. (Amb. Ntra. Sra. del Pilar) con enderezo en r/ Ramón Puga, 44. Ourense.

-Zona: O Barco de Valdeorras.

-Causa de resolución: artigo 112 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

2051