Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 12 de marzo de 1997, acordou contrata-las obras que se relacionan a continuación, polo procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente:

1. Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Souto de Val, Aldea e Lorigados.

Orzamento: 11.042.358 ptas.

Os pregos de condicións económica-administrativas particulares que rexerán na contratación das obras citadas, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente edicto no BOP.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, anúnciase, ó mesmo tempo, a contratación das obras, tendo en conta que estas suspenderanse no caso de producírense reclamacións contra os pregos.

1. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro do convello, durante o prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

2. Documentación que se presentarán para cada obra.

Os licitadores presentarán, ó mesmo tempo, dous sobres; un levará soamente o modelo de proposición econónica e as modificacións que propoña o concursante que poidan facer máis conveniente a realización do obxecto do contrato de conformidade cos

criterios que se establecen por orde decrecente na base nº 21 e outro cos documentos seguintes:

A) DNI e NIF, ou fotocopia autenticada.

B) Resgardo acreditativo de ter depositada a fianza provisional.

C) Testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición que para contratar se prevén no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. No suposto de que o dito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado.

D) Escritura de poder, se actúa en representación doutra persoa, legalizado, se é o caso, e verificado na súa suficiencia por un letrado en exercicio ou polo secretario do concello.

E) Escritura de constitución de sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

F) Xustificante autenticado de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas no epígrafe que o faculte para contratar.

G) Certificación de estar ó corrente no pagamento das cotas da Seguridade Social.

H) Declaración de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias nos termos establecidos no artigo 2 do R.D. 1462/1985, do 3 de xullo.

I) Xustificación da solvencia económica e financeira, que se acreditará por calquera dos medios seguintes:

1. Informe de institucións financeiras, ou, se é o caso, xustificantes da existencia dun seguro de indemnizacións por riscos profesionais.

2. Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras no curso dos tres último anos.

J) Xustificación da solvencia técnica, que se acreditará polos seguintes medios:

a) Relación das obras executadas nos últimos 5 anos, acompañada de certificado de boa execución para as máis importantes.

b) Declaración na que se indique a maquinaria, material e medios técnico do que dispón o empresario para a execución das obras.

3. Modelo de proposición.

Don/Dona..., domiciliado/a en..., con DNI nº..., en nome propio (ou en representación de... como acredita por...), informado/a da convocatoria do concurso, toma parte nel, comprometéndose á realización das obras de... no prazo de..., e no prezo de... (en letra e en número) IVE incluído, conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas, que acepta na súa totalidade, e compro

métese á realización das unidades de obra adicional valoradas á prezo de proxecto e de acordo co seguinte detalle: unidades, medición, designación, prezo e total.

Riotorto, ... de... de 1997.

4. Condicións da adxudicación.

-Unidades de obra completa adicional que garden relación coa materia do proxecto obxecto do contrato e a prezos do proxecto.

-Mellor prezo.

-Mellor prazo de execución.

En todo caso, solicitarase a Alcaldía dun técnico competente informe sobre as proposicións presentadas antes da súa adxudicación.

Os expedientes están á disposición dos interesados na Secretaría Municipal.

Riotorto, 12 de marzo de 1997.

José López Cabodevila

Alcalde

2121