Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a prestación do servicio de vixilancia e control do acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 94.1º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da seguinte adxudicación de contrato de prestación de servicio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 7/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de prestación de servicio.

b) Descrición do obxecto: concurso polo procedemento aberto para a prestación do servicio de vixilancia e control de acceso ó aparcamento do Parlamento de Galicia.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 17, do 27 de xaneiro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo: oito millóns oitocentas noventa mil pesetas, IVE incluído (8.890.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de marzo de 1997.

b) Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) importe de adxudicación: 2.716.210 ptas. para vixilante (IVE incluído). 4.492.637 para os dous celadores (IVE incluído).

O que supón un importe total de 7.208.847 ptas.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Vicepresidente do Parlamento de Galicia

2364