Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso público de ideas para xoves arquitectos Espacio público, familia e vivenda. Proxectando o futuro da colectividade.

Obxecto: o presente concurso ten como obxecto desenvolver ideas teórico-prácticas para a ordenación e composición dun proxecto urbanístico, recollendo nas súas propostas e no seu deseño aqueles aspectos que supoñan susceptibles melloras na calidade de vida da colectividade, compensando as súas necesidades, intentando recuperar en tódolos seus aspectos a harmonía secular da cidade en canto á relación patrimonial das súas xentes e, á súa vez, sastisface-la súa formación adecuada da infancia. O ámbito correspóndese co do solo urbanizable non programado, SUNP 15 denominado Ponte Pereda-Conxo, no concello de Santiago de Compostela.

Concursantes: poderán tomar parte neste concurso tódolos xoves arquitectos menores de 40 anos inclusive, que se atopen colexiados no momento da súa inscrición en calquera dos colexios oficiais de arquitectos de España. Os concursantes poderán participar sos ou en equipos.

Os concursantes non se atoparán incursos en ningún dos supostos recollidos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Tampouco poderán estar incursos en ningún dos supostos de

incompatibilidade en relación coas administracións públicas, previstos no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

Bases: as bases do concurso poderán ser retiradas nas catro xefaturas das áreas provinciais do IGVS e nos servicios centrais do IGVS en Santiago de Compostela, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Inscrición: o prazo de inscrición dos concursantes rematará ós quince días naturais seguintes ó da data de publicación do anuncio no DOG.

A solicitude de inscrición formalizarase en escrito dirixido ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberá xuntarse a seguinte documentación: resgardo de ter efectuado o ingreso de 5.000 ptas. en concepto de custo da documentación administrativa; e documentación acreditativa da personalidade do concursante e do colexio oficial ó que pertence, documentación do órgano competente que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias impostas polas disposicións vixentes, así como domicilio para os efectos de notificación.

Lista de admitidos: o IGVS publicará, no prazo de sete días hábiles contados desde a data en que remata o período de inscrición no taboleiro de anuncios, a lista de presentados en tempo e forma. Dela, darase conta ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A tódolos concursantes admitidos remitiráselles no prazo de sete días hábiles a documentación necesaria para o desenvolvemento dos traballos.

Premios: o presente concurso estará dotado cos seguintes premios:

1º premio.-Un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.).

2º premio.-Cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Catro accésit.-Duascentas cincuenta mil pesetas cada un deles (250.000 ptas.).

O importe dos premios farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 607.00.99 do vixente orzamento de gastos.

Prazo: o prazo de entrega dos traballos rematará ós sesenta días naturais desde a publicación do preceptivo anuncio do concurso público no DOG, acabando o primeiro día hábil unha vez transcorridos os sesenta días indicados nos mesmos lugares establecidos para a inscrición.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2308