Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- dos contratos que se citan.

A) Contratos de alugueiro.

1. Alugueiro de local destinado ó establecemento dos servicios centrais do Organismo Autónomo Augas de Galicia.

Orzamento: dezaseis millóns trescentas vinte mil pesetas (16.320.000 ptas.).

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarado urxente conforme o establecido no artígo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

2. Alugueiro de local destinado ó establecemento do servicio territorial do Organismo Autónomo Augas de Galicia en Vigo.

Orzamento: catro millóns cincocentas sesenta mil pesetas (4.560.000 ptas.).

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarado urxente conforme o establecido no artígo 72 da Lei de contratos das administacións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que presta o Organismo Autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co establecido no artígo 145 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que engade un novo número 6 no artígo 36 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, non será necesario prestar fianza.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artígo 38.4º da Lei 30/1992, do 20 de novembro, e no caso de seren enviadas por correo dentro do prazo

de admisión indicado, xustificarase a data de imposición do envío comunicándollo a este organismo mediante telex ou telegrama no mesmo día.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do sétimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

2555