Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o servicio de limpeza e lavandería da residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense).

A delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 7/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descriciónn: realización do servicio de limpeza e lavandería.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: residencia de tempo libre de Carballiño.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xuño ata o 2 de novembro de 1997, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.100.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono (988) 38 60 96

e) Telefax:: (988) 38 60 87

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Otros requisitos:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescicións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 21 de marzo de 1997.

P.D.(Orde 30-12-1993)

Isidro José Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense

2570