Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo) e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A celebración da poxa terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública de Pontevedra, sita na rúa Benito Corbal nº 47 de Pontevedra.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra, sito na rúa Benito Corbal nº 47 - 8º desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre «A» coa documentación administrativa e o sobre «B», coa oferta económica.

O sobre «A», que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que se celebran ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día no cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

O sobre «B», recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre «B» individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-2552