Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona Tabeirós (A Estrada-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Tabeirós (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 147/1988, do 14 de abril (DOG nº 109, do 9-6-1988), o seguinte:

Primeiro.-Con data 3 de marzo de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Tabeirós (A Estrada-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello da Estrada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día á aquel no que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación desta e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes (r/ Benito Corbal, 47-4º, Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (Edif. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facerlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 11 de marzo de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

2328