Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.
Organismo: Dirección Xeral de Industria.
Número de expediente: 7/1997.
Obxecto do contrato: realización dunha serie de actuacións encamiñadas á promoción, potenciación e desenvolvemento do parque tecnolóxico de Galicia.
Lugar de execución: Santiago de Compostela.
Prazo de execución: o prazo de execución será desde o día seguinte ó do seu asinamento ata o 31 de outubro de 1997.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento base de licitación: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.).
Garantías:
Provisional: 2% do orzamento de contrato (170.000 pesetas).
Obtención de documentación e información:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Teléfono: 54 55 22.
Fax: 57 34 69.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.
Documentación para presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.
Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura das ofertas:
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: doce horas.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.
P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)
Manuel Barreito Barbeito
Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio
97-2329