Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador de espacios naturais C-25/1996 (E.N. Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructura do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 10 de marzo de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-25/1996.

Denunciado: Jesús Mougan Pintos.

Último domicilio coñecido: Tremoedo, 48. Vilanova.

Feito denunciado: tenza non autorizada de furóns con fins de comercialización, o día 13 de decembro de 1996, concello de Vilanova.

Precepto infrinxido: Art. 38 da Lei 4/1989 en relación co Art. 7 do RD 1095/1989.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 100.000 ptas.

97-2331