Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/141-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: Modif. 1, L.M.T., CC.TT. en Traba e Paradela.

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: modificado do proxecto de liña eléctrica Traba-Capela (expediente 51874) consistente en:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 90 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Pousadas-Parradela e final nos centros de transformación Traba e Paradela.

Centro de transformación aéreos de 50 kVA/U en Traba e Paradela, con tensións de 20/0,380-0,220 kV e redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 625 m de lonxitude. Rianxo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2554