Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/105-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T., en Igrexa e Quintáns-Paramos.

Situación: Val do Dubra.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 424 m de lonxitude, con orixe na liña Paramos-Bembibre (expediente 5684) e final no C.T. que se instalará en Quintáns. Centro de transformación aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,20 kV, en Quintáns. Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados estable

cidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2252