Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/6-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Padreiro-Frieiro, CC.TT. e R.B.T.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 2.587,34 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da liña Padreiro-Frieiro e final

no lugar de Frieiro. Centros de transformación aéreos, sobre apoios metálicos de 50 kVA/U, e tensións de 15/0,380-0,220 kV nos lugares de Xallas e Frieiro. Redes de baixa tensión a 380-220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.360 m e de 1.450 m de lonxitude desde os CC.TT. de Xallas e Frieiro respectivamente. Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2253