Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. de 50 kVA e R.B.T. en Cernadas.
Situación: Porto do Son.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 242 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Vistipoi e final no C.T. que se instalará denominado Cernadas.
Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vistipoi, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 325 m de lonxitude. Porto do Son.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 28 de febreiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2249