Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.197

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (501/1996-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas nº 501/1996-I, tramitado polo non pagamento de cantidade, cítase a Emilio Rubio González, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 18 de abril-1997, ás 12.30 horas, co fin de que compareza, en calidade de denunciado, perante a sala de audiencia número catro deste xulgado, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e que deberá ir provisto do DNI e dos medios de proba dos que tente valerse.

En Santiago de Compostela o dezanove de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2335