Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha adquisición de cincuenta e seis ordenadores persoais con destino á Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais (expediente 12-97).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto para a contratación dunha adquisición de cincuenta e seis ordenadores persoais con destino á Conselleria de Economía e Facenda e delegacións territoriais. As caracterìsticas básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34. Expediente 12/97.

Obxecto do contrato: adquisición de cincuenta e seis ordenadores personais con destino á Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

Orzamento base de licitación: importe total, catorce millóns de pesetas (14.000.000 Ptas). IVE incluído.

Garantía provisional: os interesados en participar no concurso deberàn constituí-la garantía provisional nalgunha das formas previstas no apartado 1 do artigo 36 da LCAP, na contía do 2% do orzamento de licitación, dúascentas oitenta mil ptas. (280.000 ptas.).

Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano , s/n, CP 15704. Santiago de Compostela, Teléfono: 54 41 34, Telefax 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicacion no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no Rexistro Xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704, Santiago de Compostela.

Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas no acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda , en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día que non coincida en sábado.

O importe do anuncio de licitaciòn será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1997)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

2278