Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.196

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (128/1996-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas número 128/1996-M, tramitado por lesións en accidente de tráfico, cítase en forma a José Mariño Sánchez, en paradoiro descoñecido, para que o día 18 de abril ás 12.10 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa

lugar en dereito e que deberá ir provisto do DNI e das probas das que tente valerse.

En Santiago de Compostela o dez de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

2378