Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.194

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría, do departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, a Celestino Ordóñez Galán (praza 17/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría, do departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, a prol de Celestino Ordóñez Galán, DNI nº 09.361.304, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Celestino Ordóñez Galán profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría, do departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado,

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, previa comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de marzo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2286