Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.194

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a Cándido Antonio López García (praza 29/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de maio de 1996 (BOE do 10 de xuño) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de Cándido Antonio López García, DNI nº 76.566.093, e cum

prindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Cándido Antonio López García profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, previa comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de marzo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2287