Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.190

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1458/1997 e dez máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Tamén poderán accede-los nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posición da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70 anos de idade.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e no prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2 «Outros ingresos». Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. A ausencia de acreditación do pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitiralle a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II, ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, achegando xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1997.

Francisco Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Número de prazas: 1

Praza número: 1458/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: anatomía patolóxica.

Departamento á que está adscrita: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: anatomía patolóxica. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1459/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias morfolóxicas.

Departamento á que está adscrita: Ciencias Morfolóxicas.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: histoloxía humana. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1460/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: oftalmoloxía.

Departamento á que está adscrita: Cirurxía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: oftalmoloxía. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1461/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento á que está adscrita: Econometría e Métodos Cuantitativos.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: estatística económica e empresarial. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1462/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: literatura española.

Departamento á que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Ligüística Xeral.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: literatura española da Idade Media. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1463/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física atómica, molecular e nuclear.

Departamento á que está adscrita: Física de Partículas.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1464/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento á que está adscrita: Medicina.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: patoloxía xeral e patoloxía e clínica médicas. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1465/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: radioloxía e medicina física.

Departamento á que está adscrita: Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física e Saúde Pública.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: radioloxía e medicina física. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1466/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química analítica.

Departamento á que está adscrita: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1467/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría.

Departamento á que está adscrita: Enxeñería Agroforestal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: topografía. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 1468/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento á que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: socioloxía da educación. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

2285