Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 17 de marzo de 1997 pola que se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia ten, de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, parágrafo 18, a competencia exclusiva en materia de bibliotecas que non sexan de titularidade estatal, competencia desenvolta na Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas e posterior desenvolvemento lexislativo desta. En función desta responsabilidade e consciente de que un dos elementos fundamentais no funcionamento das bibliotecas é a cualificación e formación técnica dos seus responsables, a Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da Dirección Xeral de Promoción Cultural, vén ocupándose desde hai anos, mediante cursos de formación, da instrucción tanto básica como de perfeccionamento dos actuais e dos futuros bibliotecarios da rede de bibliotecas de Galicia. Esta formación, esencialmente teórica, non podería nunca ser de todo completa se non se complementa coa realización de prácticas en bibliotecas que permitan, non só unha

completa formación nas diversas áreas destes centros, senón tamén un contacto diario e directo, durante un tempo suficiente, cos problemas e demandas reais dunha biblioteca ou centro de documentación.

Por esa razón, a Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da Dirección Xeral de Promoción Cultural, realiza un plan de preparación de profesionais para a rede de bibliotecas de Galicia, a través de bolsas de formación mediante a cola

boración titoriada en diversos centros dependentes dela.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse 20 bolsas de formación en biblioteconomía mediante colaboración titoriada na organización e descrición de fondos e actividades de biblioteconomía en bibliotecas e centros de documentación, con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.352.A.482.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997. O importe total das bolsas non excederá en ningún caso do crédito asignado para o efecto.

2. Os bolseiros realizarán os seus traballos nos centros que sexan designados, e serán coordinados, dirixidos e titoriados pola Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social a través de persoal técnico debidamente cualificado, designado para o efecto por aquela. A relación de centros nos que deberán realiza-las prácticas publicarase conxuntamente coa resolución de adxudicación das bolsas.

3. A bolsa terá unha duración de 8 meses, non renovables, contados a partir da comunicación do acordo de adxudicación.

4. As persoas seleccionadas, logo de aceptaren as bolsas, quedarán obrigadas a:

-Incorporarse ós centros dentro dos 10 días naturais seguintes ó da notificación do outorgamento. No caso de non acepta-la bolsa, o que deberá ser notificado por escrito nun prazo non superior ós tres días trala notificación, ou de non incorporación sen causa suficiente a xuízo do director xeral de Promoción Cultural, ou de demostrarse falsidade, non

correspondencia cos orixinais, ou incorrección na documentación presentada, o director xeral de Promoción Cultural poderá propoñe-lo seguinte ou seguintes candidatos por orde de puntuación, quedando sen efecto o nomeamento da persoa en cuestión. Sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer, tamén será motivo de exclusión estar desfrutando doutro contrato ou bolsa remunerada durante o período de duración desta.

-Asistir ós centros onde resulten destinados no horario sinalado polos seus responsables, que non poderá exceder das sete horas e media diarias e con, polo menos 48 horas continuadas de descanso semanal.

-A segui-las indicacións técnicas dos responsables dos que dependan.

-A entregarlles a estes, ó finaliza-lo período de desfrute da bolsa, informe técnico e material realizado, resultado das súas actividades.

Ó remata-la actividade, os titores dos bolseiros depositarán na Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social un informe sobre o traballo realizado por eles.

Artigo 2º

1. Os solicitantes das bolsas deberán ter titulación universitaria como mínimo de grao medio. Non poderán solicitar estas bolsas aqueles que desfrutasen delas no ano anterior.

2. As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán así mesmo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O número de prazas convocadas será de vinte. Catorce delas adxudicaranse mediante a aplicación do baremo indicado no artigo 5 da presente convocatoria, e serán outorgadas en función do currículum dos solicitantes. Outras seis bolsas reservaranse para persoas que rematasen os seus estudios nos dous últimos anos anteriores á publicación da presente orde, ou que, rematándoos con anterioridade, non tivesen ocasión de te-la debida formación en bibliotecas.

4. Os solicitantes do primeiro grupo de bolsas outorgadas en función do currículum, ademais da solicitude, deberán xunta-la seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI.

-Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, en caso de tela, do compromiso

de non estar desfrutando dela no momento en que se outorguen as bolsas.

-Fotocopia do expediente académico.

-Anexo II cuberto e fotocopia dos méritos alegados.

5. Os solicitantes que opten ás seis bolsas destinadas a persoas que comezan a súa formación en biblioteconomía deberán entrega-la seguinte documentación, xunto coa solicitude:

-Fotocopia do DNI.

-Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, en caso de tela, do compromiso de non estar desfrutando dela no momento en que se outorguen as bolsas.

-Fotocopia do expediente académico, coas cualificacións obtidas nas diferentes disciplinas.

-Unha memoria onde se expoña, cunha amplitude entre cinco e dez folios, o programa proposto de traballo e estudio para a duración da bolsa.

Estes solicitantes serán convocados por parte da Dirección Xeral de Promoción Cultural para a realización dunha entrevista persoal.

A suma das puntuacións obtidas polo expediente, memoria e entrevista decidirá a orde para a asignación do presente grupo de bolsas.

As persoas que desexen entrar neste grupo non cubrirán o anexo II, deixando en branco a cuadrícula correspondente a este no anexo I.

6. Unha vez outorgadas as bolsas, a Dirección Xeral de Promoción Cultural poderá solicitarlles ós seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, que deberán ser presentados nun prazo non superior a dez días.

Artigo 3º

As bolsas serán adxudicadas para a organización e descrición de fondos de bibliotecas e centros de documentación galegos. A relación destes e o número de prazas asignado a cada un farase pública xunto coa resolución de adxudicación das bolsas.

Artigo 4º

O importe de cada bolsa non excederá da cantidade de 900.000 ptas. polo total de oito meses.

Artigo 5º

1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral de Promoción Cultural poderán reclamarlles ós solicitantes, se fose necesario, que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgándose un prazo de 10 días naturais, desde a recepción do escrito de requirimento, para emenda-los defectos.

2. A avaliación dos méritos alegados, que lle corresponde á Dirección Xeral de Promoción Cultural, farase segundo o seguinte baremo:

1. Titulación de licenciatura en xeografía e historia, pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en biblioteconomía: 3 puntos.

2. Experiencia de traballo remunerado de carácter técnico en bibliotecas públicas da Xunta de Galicia, de concellos ou deputacións de Galicia, así como en bibliotecas universitarias galegas. Por cada mes traballado: 0,25 puntos, ata un máximo de 6 puntos.

3. Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática aplicada a bibliotecas organizados na Comunidade Autónoma de Galicia, exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de bibliotecarios ou documentalistas.

3.1. Con acreditación expresa de duración superior a 250 horas: 1,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

3.2. Con acreditación expresa de duración superior a 100 horas: 1 punto, ata un máximo de 2 puntos.

3.3. Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,50 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

3.4. Con duración inferior a 40 horas: 0,25 puntos ata un máximo de 1 punto.

4. Impartición de cursos de bibliotecas organizados na Comunidade Autónoma de Galicia, exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de bibliotecarios ou documentalistas: ata 2 puntos en función das horas impartidas e da entidade organizadora.

5. Asistencia a congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,10 puntos, ata un máximo de 1 punto.

6. Presentación de comunicacións en congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,50 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

7. Publicacións relacionadas con biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: ata un máximo de 2 puntos.

O mesmo mérito só se valorará unha única vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

8. Cursos de galego:

-Iniciación: 2 puntos.

-Perfeccionamento: 2,5 puntos.

Máximo 2,5 puntos.

3. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social por proposta do director xeral de Promoción Cultural. O acordo farase público nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nos das súas delegacións provinciais.

4. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e contra ela cabe interpoñer

recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación efectiva desta ós interesados.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación. Antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios das bolsas terán que acreditar, mediante certificacións expedidas polos organismos competentes, que se atopan ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se é o caso, deberán facer declaración expresa de que non proceder as ditas obrigas.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas na presente orde, a Consellería de Cultura e Comunicación Social instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e poderá mesmo anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación.

2. O persoal técnico e facultativo que dirixa ós bolseiros poderá propoñerlle á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.

3. A Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social expedirá, logo do informe favorable dos responsables, ó remataren os traballos, certificación acreditativa das actividades realizadas.

Artigo 8º

Os adxudicatarios adquiren exclusivamente a condición de bolseiros, coas obrigas e dereitos dela conforme a estas bases, sen ningún outro vínculo laboral ou administrativo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Promoción Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

Director xeral de Promoción Cultural

ANEXO II

Sinala-los méritos que acreditan

1. Licenciatura en xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en biblioteconomía...

2. Traballo remunerado en bibliotecas públicas da Xunta de Galicia, concellos, deputacións e bibliotecas universitarias de Galicia.

-Número de meses remunerados...

3. Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática aplicada ás bibliotecas organizados por organismos públicos, universidades ou agrupacións profesionais de Galicia:

-Número de cursos con duración superior a 250 horas...

-Número de cursos con duración superior a 100 horas...

-Número de cursos con duración igual ou superior a 40 horas...

-Número de cursos con duración inferior a 40 horas...

4. Impartición de cursos de bibliotecas organizados por organismos públicos, universidades ou agrupacións profesionais de Galicia. Número de horas...

5. Número de asistencias a congresos...

6. Número de comunicacións presentadas en congresos...

7. Publicacións relacionadas coa biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro...

8. Cursos de galego.

-Iniciación...

-Perfeccionamento...

2243