Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DA CORUÑA

ANUNCIO de solicitude de apertura de oficina de farmacia en Santiago de Compostela.

Neste colexio iniciouse o preceptivo expediente para resolve-la solicitude formulada por María Asunción Moreno García, de apertura de oficina de farmacia no concello de Santiago de Compostela ó amparo do artigo 3º 1 a) do R.D. 909/1978, do 14 de abril.

Os datos do certificado da poboación do concello de Santiago de Compostela acreditan que no ano 1993, no que se abriu a última oficina de farmacia, este municipio contaba con 108.889 habitantes de feito, mentres que o censo referido ó 1 de maio de 1996 reflicte un total de 115.962 habitantes, igualmente de feito.

En consecuencia, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentación de solicitudes concorrentes para o mesmo concello, que deberán vir acompañadas dos xustificantes de méritos establecidos na Orde do 20 de novembro de 1979, mediante certificacións oficiais da autoridade ou responsable correspondente, non sendo válido calquera outro xustificante que se presente.

Igualmente deberá acredita-lo aboamento da taxa de 5.000 (cinco mil) ptas., que se determina no artigo 23.13.03 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Neste expediente, ó terse iniciado o 2 de febreiro de 1996, danse as circunstancias previstas na disposición transitoria do Decreto 288/1996, do 12 de xullo, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, que di o seguinte: «Os expe

dientes de autorización de novas oficinas de farmacia iniciados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 11/1996, tramitaranse e resolveranse de acordo coa normativa que lles era de aplicación», polo que a súa tramitación se fará seguindo o previsto no Real decreto 909/1978 e disposicións que o desenvolven.

A Coruña, 7 de febreiro de 1997.

Visto e prace

Ofelia del Amo Pol

Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

Emilio Almorín Romo

Secretario

2517