Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

RENOVACIÓN órganos de goberno. Designación por sorteo de compromisarios para a elección de conselleiros xerais da caixa en representación dos impositores.

De conformidade co establecido na vixente lexislación, e en cumprimento co determinado nos artigos 9.2º 3º e 10, 3º.4º dos estatutos da entidade e no artigo 8 do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, aprobados pola Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, faise público, para coñecemento dos impositores da entidade, que:

«Para a designación de 160 compromisarios e 160 suplentes da circunscrición electoral da provincia de Ourense, única ciscunscrición á que lle corresponde elixir compromisarios, nesta renovación dos órganos de goberno celebrarase sorteo público, ante notario, na cidade de Ourense, no domicilio social da entidade (rúa do Paseo, 6), ás 12 horas do 10 de abril. Os compromisarios así nomeados elixirán no seu día, de entre eles, os 16 conselleiros xerais, membros da asamblea da entidade».

Ourense, 25 de marzo de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente da Caixa presidente da Comisión Electoral