Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para cualificación de parcela en Salgueira (Vilalonga), como equipamento deportivo.

A Corporación Municipal, en Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 13 de febreiro de 1997, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para cualificación de parcela en Salgueira (Vilalonga), como equipamento deportivo, sendo a parte dispositiva do mencionado acordo a seguinte:

Primeiro.-O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, comprensivo do alcance da modificación.

Segundo.-Daráselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran a modificación puntual das NN.SS.MM., debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Terceiro.-A eficacia da aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación puntual das NN.SS.MM. queda condicionada á xustificación no

expediente de terse cumprido o reseñado nos apartados anteriores.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 19 de febreiro de 1997.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

1284