Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se estima recurso ordinario de expediente sancionador, con referencia Secretaría 61/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona recurso ordinario interposto contra o expediente sancionador con referencia Secretaría 61/1996.

Esta resolución pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da devandita lei, podendo interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto no artigo 74 da Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa do 27-12-1956, ou exercer calquera outro que considere pertinente.

Expediente: Secretaría 61/1996.

Denunciado: López García, Ernesto.

Razón social: Carnicería Ernesto.

Último enderezo coñecido: Juan Flórez, 148, A Coruña.

Resolución estimatoria recurso: 31-1-1997.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

2218