Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fan públicos os pregos de cargos e resolucións dos expedientes sancionadores SA-2/1997 e dous máis.

-Expediente sancionador SA-2/1997.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, iniciado

por acordo de apertura do director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de data 13 de xaneiro de 1997, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Prego de cargos:

Interesados: Nicolás Alfredo Sande Alonso con DNI 33.237.824, Serafín Vázquez Costa con DNI 33.308.445, e outras persoas que poideran resultar responsables.

A práctica do xogo do Trile ás 10.30 horas do día 27 de setembro de 1996 na localidade de Xinzo de Limia, feito que puidera constituír infracción moi grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro (reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño (de tributación sobre o xogo, disposición adicional terceira).

O que se lles comunica ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 84.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que nun prazo non inferior a 10 días nin superior a 15, contados desde o día seguinte á notificación, aleguen e presenten a documentación e xustificación que consideren pertinente na súa defensa.

-Expedinete sancionador SA-4/1997.

Intentada a notificación directa o interesado do prego de cargos no expediente de referencia, iniciado por acordo de apertura do director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de data do 29 de xaneiro de 1997, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Prego de cargos:

Interesado: Luis García González, con DNI nº 00.805.917-C

A práctica do xogo do Trile ás 12 horas do día 10 de decembro de 1996 na localidade de Ribadavia, feito que puidera constituír infracción moi grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro (reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño (de tributación sobre o xogo, disposición adicional terceira).

O que se lles comunica ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 84.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que nun prazo non inferior a 10

días nin superior a 15, contados desde o día seguinte á notificación, alegue e presente a documentación e xustificación que consideren pertinente na súa defensa.

-Expediente sancionador: P-11-/1996.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

Resolución:

1º) Sanciona-la empresa operadora Recreativos Bacelo Díaz, S.L., CIF B-36635407, con nº de rexistro P-0056, solidariamente co seu xerente/apoderado Antonio Díaz Alonso, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Bar Avenida do Concello de Vigo (Pontevedra), unha máquina recreativa de tipo «B» carecendo do boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

2213