De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes, de 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial de Agricultura, Gandería e Montes.
O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolucion, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).
A Coruña, 11 de marzo de 1997.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 96/113MP.
Denunciado: Manuel Castro Calvo.
DNI: 33.172.154.
Último enderezo coñecido: Área Central, 7B-6ª A e B, Santiago de Compostela.
Feitos denunciados: cortar sen efectua-la preceptiva Notif. de corta 32 piñeiros, 10 carballos e 25 bidueiros.
Precepto infrinxido: 432 do Regulamento de montes.
Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.
Sanción: 81.870 ptas.
2072