Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de subministración de material informático para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 8/1997.

Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto:

Número de unidades que se entregarán: 40 ordenadores, 4 impresoras matriciais e unha impresora en cor de inxección de tinta, así como a subministración do software básico necesario para o seu funcionamento.

Lugar de entrega: Santiago de Compostela e delegacións da Consellería de Industria e Comercio.

Prazo de entrega: o prazo de entrega será de 30 días desde a data do asinamento do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oito millóns setecentas cincuenta mil pesetas (8.750.000 ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (175.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mente-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

2170