Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Nordés, para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 007 EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Nordés coas seguintes características:

Peticionario: Ineuropa de Cogeneración, S.A., r/ Cardenal Marcelo Spinola, 42, 28016 Madrid.

Situación: concellos de Muras e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.621.000, 4.820.000); V(0.621.000, 4.817.000).

V(0.616.600, 4.818.900); V(0.616.529, 4.818.948).

V(0.616.982, 4.819.600); V(0.618.800, 4.819.600).

V(0.618.800, 4.820.000).

Superficie afectada: 804 ha.

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 27.

Potencia nominal unitaria: 750 kW.

Potencia total instalada: 20,25 MW.

Altura de torres: 45 metros.

Diámetro de pas: 44 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 12 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2541